Mar. May 17th, 2022
FB IMG 1649071835735

Andaina o día 6 en Ribadumia

 >    O vindeiro mércores 6 de abril celébrase o día da actividade físcia e, para  conmemoralo, dende o centro de saúde de Ribadumia convídannos a participar nunha andaina. 

>     A actividade, que parte da iniciativa do SERGAS / Complexo Universitario de Pontevedra e Salnés, dará comezo ás 10:00 da mañá, no centro de saúde de Ribadumia onde nos reuniremos.

 >     Ás 10:30, Samuel Fariña Cerviño daranos unhas pautas físicas e alimentarias sobre hábitos que debemos facer e os que non. 

 >   Ás 10:30 sairemos preto do río ata Pontearnelas nunha andaina dunha hora de duración. 

 >    Os/as interesados/as poderán inscribirse no centro de saúde ata mañá as 14:00. 

 >    Dende o Concello de Ribadumia queremos incidir na importancia da actividade física para mellorar a nosa saúde e a nosa calidade de vida e queremos animar a toda a veciñanza a participar e desfrutar desta andaina. 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

A %d blogueros les gusta esto: