29 de noviembre de 2022

InfoSalnés

O Portal de Servizos da Comarca do Salnés

FB IMG 1647981918450

Concurso de camisetas da Festa do Viño Tinto

🍇CONCURSO DE DESEÑO GRÁFICO DE CAMISETAS .- XLIX FESTA DO VIÑO TINTO DO SALNÉS E EXALTACIÓN DAS VARIEDADES AUTÓCTONAS🍇

O vindeiro 1 de abril abre o prazo para participar no Concurso de Deseño Gráfico de Camisetas da XLIX Edición da Festa do Viño Tinto.

Poderán participar as «Peñas» participantes na Festa do Viño Tinto, que deberán estar compostas por un mínimo de cinco membros.

Haberá 3 premios; o primeiro de 200 euros, o segundo de 100 e o terceiro de 50.

Para participar deberá presentarse o exemplar da camiseta impresa nas dependencias do Concello ata as 13:00 horas do 20 de maio de 2022, xunto cun sobre pechado no que se incluirán os seguintes datos: Nome da peña, integrantes da mesma, teléfono de contacto e lema da camiseta.

Consulta as bases completas na web O Meu Concello ou no taboleiro municipal.

¡Non o dubides e anímate a participar!

festadotinto #viñotinto #tintodebarrantes #concelloderibadumia #ribadumia #XLIXfestadotinto #camisetas #concurso #deseño

A %d blogueros les gusta esto: