29 de noviembre de 2022

InfoSalnés

O Portal de Servizos da Comarca do Salnés

FB IMG 1648213648019

Concurso de Decoración de Escaparates Festa do Viño Tinto

🍇CONCURSO DE DECORACIÓN DE ESCAPARATES .- XLIX FESTA DO VIÑO TINTO DO SALNÉS E EXALTACIÓN DAS VARIEDADES AUTÓCTONAS🍇

Novo concurso con motivo da XLIX Festa do Viño tinto do Salnés, esta vez dirixido ós comercios, servizos, hostalería e outros establecementos que realicen a súa actividade no termo municipal de Ribadumia. 

Os/As interesados/s terán de prazo ata o 30 de maio de 2022 e poderán inscribirse no email cultura@ribadumia.org, no teléfono 986718491 ou presencialmente nas oficinas municipais. 

 Para elo deberán enviar unha ou varias fotos (máximo de 5) do escaparate e deben indicar os seguintes datos: 

        - Nome e apelidos do concursante.
        - Nome do establecemento.
        - Lugar ou ubicación exacta do establecemento.
        - Teléfono de contacto. 

 >     Os participantes deberán ter decorados os seus escaparates con motivos do tinto, cando menos dende o 20 de maio e o 20 de xuño de 2022. 

Consulta as bases completas na web municipal ou no taboleiro do concello. 
A %d blogueros les gusta esto: