VILAGARCÍA PROPÓN UN NOVO OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO PARA FORMAR A 20 DESEMPREGADOS EN ALBANILERÍA E CARPINTERÍA
Os participantes no FORME 22 recibirían formación teórico-práctica durante 12 meses
A Xunta de Goberno aprobou o proxecto que será remitido á Xunta de Galicia xunto coa solicitude dunha subvención de 503.465,20 euros
No marco das políticas de promoción do Emprego, o Concello de Vilagarcía vén de elaborar un novo proxecto de Obradoiro Dual FORME para formar profesionalmente a 20 persoas desempregadas en materia de carpintería e albañilería. O proxecto foi aprobado pola Xunta de Goberno Local e xa se remitiu á Xunta de Galicia xunto coa solicitude dunha subvención de 503.465 euros coa que financialo. O programa terá unha duración de 12 meses nos cales os participantes recibirán formación teórica e tamén práctica mediante a realización de obras de interese xeral para o Concello.
O Concello debe esperar agora a aprobación do proxecto e da subvención por parte da Consellería, coa previsión de poñelo en marcha a principios do verán.
As denominacións concretas das dúas especialidades incluídas no obradoiro son «Traballos e instalacións de elementos de carpintería e moble», que inclúe o módulo de lacados e vernizados, e «Fábricas de albanelería e operacións auxiliares de revestimentos e acabados». Cada especialidade proporcionaría aos participantes os correspondentes certificados de profesionalidade de niveis 1 e 2 que se esixen á hora de acceder ao mercado laboral nestas actividades.
O Obradoiro de Emprego FORME está destinado á formación e mellora da empregabilidade de persoas desempregadas de 18 anos en diante. Durante os 12 meses de duración do obradoiro, os alumnos disporán dun contrato remunerado. Este tipo de programas mixtos de emprego e formación teñen por finalidade mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas mediante a realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten aos alumnos e alumnas participantes a realización dun traballo efectivo que, xunto coa formación profesional para o emprego recibida, relacionada directamente con dito traballo, procure a súa cualificación profesional e favoreza á súa posterior inserción laboral no mercado de traballo.
As prácticas laborais realizaranas como complemento ás tarefas dos correspondentes servizos municipais e consistirán na elaboración e mantemento de mobiliario para a revalorización dos espazos públicos naturais e urbanos en instalacións e edificios de titularidade municipal no que á especialidade de carpintería se refire; así como na elaboración e acondicionamento de equipamentos e infraestruturas de albanelería en edificios e espazos públicos municipais, no que respeta á de albanilería.
Ademais, como nas edicións dos últimos anos, ao tratarse dun obradoiro dual, o Concello poderá xestionar que os alumnos que superen satisfactoriamente a formación realizen prácticas durante outros 3 meses en empresas relacionadas cos sectores profesionais dos módulos impartidos.